24-5-2014

terra auga vida ...guerra




a terra a auga

a brisa a chama
a lúa a árbore a montaña

a espiral a tribo a casa
a raiz a serpe a nube a ave
a travesía a camiñada

a vida a morte a calma
a luz a cova a illa a sal
a aldea a fala a alma

a fonte a canción a memoria
a caracola a asamblea a praza
a cidade a marcha a revolta...

e a guerra que guerra tamén
é unha palabra feminina
pero a guerra non é da muller

a sementeira a flor a colleita
a porta a estrela as brasas
a ollada a palabra a aperta

hoxe o chamado día
da muller antimilitarista
nova versión do poema
terra auga brisa chama
xa publicado nestas follas

manolo pipas