29-3-2017

murais por miguel

 


miguel hernández poeta
contra aqueles catro muros
franquistas que te mataron
en orihuela a túa vila
en varios muros florece

nunha barriada proletaria
o teu exemplo e poesía


un pinta a túa cara na lúa
outro sentado baixo a árbore
está a ler os teus poemas
nos muros pombas da paz
bandeiras republicanas
republicanas pombas
e os versos de bandeira 


nos 75 anos da súa morte