17-9-2013
noite-dia poemas
COMETA Arelamos voar nunha aperta de areas brancas coa brisa e o bruído incesante do mar, ti ollas unha cometa lanzada na espreita eu fico en ti, repouso o pracer no teu ventre imaxino un peixe prendido no anzol do teu sexo que mergulla inerte nas augas mornas da poza penisca degoiros de peccata minuta e brinca e acouga e vibra e acouga vibra no fío de cada sacudida que palpita. Para voar ceibes entre cirros de roibén vou trazar rabiscos de escume nas túas beiras. Voaremos prendidos ao fío dun papaventos! alfonso láuzara poema do libro noite-día de alfonso láuzara con ilustracions de elisabete pires bebethe limiar de rosa enríquez editado po q de vián cadernosque se presenta na cova dos ratos rua romil 3 vigo o sabado 21 de setembro as 20:30