21-1-2013

da vida da vivenda




hai parellas que empezan

a sua vida en común
nun pequeno piso

nesta pequena vivenda
naceron dous cativos
medraron xogaron soñaron
e cantas outras aventuras
e desventuras da vida
e agora qué !?

no cuarto esquerda
deste restaurado edificio

leva vivindo unha familia
uns poucos e moitos corentetres anos
tiveron duas fillas discutiron moito
pero ninguén levantóu unha man
veu o pai da aldea cando enviudou
e foi morrer logo de nacerlle un bisneto
nese cuarto esquerda da imaxe
e agora qué !?

a vivenda
é un espacio para vivir
e os bancos
para que eran para que son !?

o cronista