12-12-2011

a maré brava tamen




sobre a area da praia

as ondas veñen e van
avanzan e retroceden
os necesarios metros

sobre a area da praia
unha tras outra as ondas
van chegando mais arriba
coma nun traballo colectivo

a maré mais ou menos brava
bravas as ondas e as marés
avanzan retroceden avanzan
e non van parar nunca

manolo pipas

na memoria de josep luis
marcos berto e outros
compas insubmisos