15-5-2021

pequena franxa de terra


nas costas do mediterráneo oriental
nese continente que chaman asia
e pegada a áfrica e perto de europa
unha pequena franxa de terra
está mui densamente poboada
sobre todo por indíxenas e mestizos
expulsados da súa matria


esta pequena franxa de terra

que chaman gaza de palestina
é masacrada polos poderosos
integristas e fundamentalistas de israel
co apoio do imperio yanki
e a complicidade deste reino
e de medio mundo

da ocupada cisxordania
onde as palestinas viven en apartheid
os hipócritas medios falan de guerra
civil de baixa intensidade 
e de linchamentos dos dous bandos
pero dos moitos golpeados e mortos
palestinos non se sabe o número

guerra ocupación
masacres xenocidio...
é o que práctica israel
desde hai ducias de anos
e estas semanas palestina
está a sofrir outro tráxico golpe