13-1-2018

ernesto guevara sempre che

 


ernesto guevara sempre che

poema en verso libre e unha décima guajira

 


              la era está pariendo un corazón
                 silvio rodríguez

 


ernesto guevara de la serna
o home o guerrilleiro o político
o fusil a palabra a foto o símbolo...
poño en versos a miña cativa homenaxe

ernesto che guevara che
argentina cuba o congo bolivia
os soños os camiños as victorias
as derrotas as sementes...
xa cincoenta anos dúas xeracións
que che debemos e canto fallamos?

ernesto che guevara sempre che
brevemente que che podo contar
e explotación e o capital
están ainda máis fortes
pero se acerca o colapso
e chegará o seu fin
pero penso no teu continente
e nos paises do sur
e penso en voltar á terra
como os meus compas das selvas
e das montañas zapatistas


che guevara comandante
che argentino e cubano
din que van cincoenta anos
que foche preso en combate,
asasinado mais lates
dos andes ao malecón
e hai pouco fidel marchóu
contigo e con camilo,
e volvestes ao turquino
que  viva  a  revolución


recitado onte no andel

guevara sempre che...


manolo pipas