01-2-2014

versos do certame de oralidade




versos da presentación

en décima cuartetas e sextilla

miñas donas e meus señores
mui boas tardes valadares
aki case cheirando o mare
botaremos versos e flores,
palabras de todas as cores
recitadas ou cantadas
oralidade   declarada
con micro ou ben a capela,
descobro esta falsa chapela
meus visitantes e paisanas


a organización chamoume / pra botaros uns poemas
con formas da tradición / rimadas medidas verbas

fixen a presentacion / con decima espinela
e agora vou seguindo / con asoantes cuartetas

e logo sigo na sombra / escribindo das regueifas
da improvisación oral / desafíos das cabezas

por aí estou anunciado / seica para un desafío
houbo unha equibocación / pero trouxen uns versiños
son dous metros de papel / quince horas o traballiño...


o programa de hoxe

logo de min ides ter / poeticos desafíos
con irene de mallorca / e silvia penas de vigo

a silvia coñezo un pouco / boa poeta gran rapsoda
de irene eu vin na rede / que lle da ben as performas

seica temos novidades / polo tuiter desafíos
ai que demo de cacharros / que pensarán os velliños

seguen uns rapeiros ceibes / rap enxebre do país
botarán rimas a eito / seguro que vos fan rir

chega das terras de lugo / o teatro de improviso
isto intrigado me ten / que sigan máis desafíos


saúdos e despedida en cuartetas e romances

saúdos á xunta de montes / máis non sei aos madeireiros
saúdos ao banco do tempo / e prisión para os banqueiros

se non hai politiquillos  / que viñeron figurar
tamén lles mando un saudo / pra nós deben traballar

saúdos a toda a peña / a manolo o meu primo
a cholas e máis balbino / e isabel que ben nos presenta

coma sempre nós tivemos / carlos como organizador
con algo de improvisación / mais non quere ser troveiro


e que máis podo decir / deste tolo festival
graciñas pois valadares / teleclú do pedregal
dezaseis anos andando / coa improvisacion oral
o certame regueifeiro / certamente é un rapaz
e se os anos foron poucos / moito hai que camiñar

xa me toca a despedida / visitantes e paisanas
por esta terra da chuvia / de tormentas e poallas
que saian versos a chuzos / e chaparróns de retrancas
a nosa improvisacion oral / o país en desgarrada

saúdos san campio é noso / graciñas á deusa do alba
tiremos gilobos como bicois / coas súas luminarias
que viva a oralidade / que nunca pare a palabra
que nunca cale a palabra


manolo pipas

versos recitados na cultural de valadares
esta tarde no certame de improvisación oral
e tamén houbo máis textos falando da oralidade
e das voces participantes na xornada de mañán