25-9-2016

votar é coma ir a misa

 

 

levamos moito tempo

votando os domingos

pero no pasado fora

en día chamado laborable

e se traballabas dábanche

unhas horas pagadas

 

se os colexios

tamén paran en sábado

porque non votamos

neses días e descansamos

o domingo

logo deste tremendo

traballo psiquico de votar

 

votar é coma ir a misa

facer unha cousa

que non sabemos

se serve para algo

e xa postos pra aforrar

tamén podían poñer urnas

nas portas das igrexas

 

votar debe ser algo sagrado

sagrado ven de sacrificio

de derramar sangue

e ter eleccións costóu

moitos miles de mortos

que aínda non descansan


imaxe das reixas

do meu colexio electoral

que tamén foi da e.x.b.

pero sen valados


o cronista