29-3-2015

65 destapada a vergoña da rotonda

 


na mesma noite do día da reconquista

os traballadores esbirros de abel borbón

retiraron os valados que tapaban

as súas vergoñas na rotonda de castelao

mentres os seus subditos festexaban

comían bebían e danzaban no casco vello

pola expulsión dos veciños franceses

e a recuperada monarquía absolutista


esta barriada de coia

a cidade e a xente do mar

non merece isto nen este gobernante

 

acenderon as luces e molestaron

unha vez máis ao fantasma do alfageme

e as doce da noite apagaron as luces

como se aqui non pasase nada


pero ao día seguinte os covardes

non se atreven a inauguralo

 

o cronistadecoia