19-7-2015

palabra silencio e loita

 


na illa da memoria

catro pegadas no chan

duas persoas que se atopan


na illa de san simón houbo

un campo de concentración

durante a guerra do trinteseis

e os primeiros anos da postguerra

 

entre o muro do cimeterio

e estas e outras pegadas

palabras de memoria republicana

e un minuto de silencio

por unha compañeira morta

o son do vento entre as árbores

e a musica das ondas chegando á illa

e as pombas da paz que voan

 

catro pegadas dous corazóns

dúas bandeiras dous hinnos

na illa da memoria golpeada

polo goberno do pp

un minuto de silencio!

toda unha vida de loita?