09-9-2011
poetico aberto circulo
![](http://www.envolventesaspalabras.info/sites/envolventesaspalabras.info/files/imagecache/200/circulo%20poetico.jpg)
PENÚLTIMO ACTO (acción poética), vive entre versos e canta coa beizón da lúa chea que as acubilla nas noites circulares e poéticas. As nosas raíces saen dunha terra feraz a carón dun río bulideiro, onde rexurdimos con voces irredentas que se alimentan das árbores do seu pasado. Deitadas entre o alcacén e enchoupadas polas verbas que se transmiten a través do vento maino, sentimos o bico da natureza nos nosos beizos e ficamos, soñando na leira longa das palabras...penúltimo actoun aberto circulo poeticotraza o penultimo actono café uf negra sombramañan sabado as once da noitehttp://penultimoacto.blogspot.com