24-12-2014

18 voltaremos á rotonda

 


na rotonda foi un día moi longo

e no escuro frío por primeira vez

tivemos que facer unha fogueira 

e moitos peós dos de arriba

moi avanzada a noite

chegaron cando éramos menos

e botáronnos da rotonda

 

agora o espacio da nosa asemblea

está oculto por un valado

e custudiado como un feo trofeo

que non queren que se vexa

pero así non pode quedar

e nós andaremos por fóra

e voltaremos

 

o cronista de coia