05-5-2020

repartindo poemas


na nosa barriada
a uns catrocentos metros
a redonda hai seis farmacias
que debe haber moita xente doente
e nas catro máis perto da casa
repartin dúas veces copias dalguns
dos meus poemas e cronikas

tenteino na quinta farmacia
e a farmacética en vez de decirlle
que lles traía uns poemas da crise
dixen que traía información...
e rápido dixome que non a quería
que de información estaban saturadas
e a outra dependenta insistinlle
e tampouco quixo os poemas

a palabra información
neste tempo é case
máis maldita que a poesía
pero probarei na sexta farmacia

o dos versos