22-12-2014

16 a rotonda e outras loitas

 

 

cando estamos no plantón

nesta querida rotonda

nós falamos doutros tempos

nós lembramos outras loitas

 

as veciñas e os veciños

xuntos teñen moita forza

aquí perto conseguíuse

que non se perdera a bouza

 

no veciñal movemento

tamén tivemos derrotas

emociónanse os de teis

cos tempos da empacadora

 

barrio cidade país

esta terra é toda nosa

de nunka máis a massó

e que peche a celusosa

 

camiñamos aprendendo

das victorias e derrotas

prazas rotondas e barrios

son de todos e de todas

 

recital de poemas e cantigas 

mañán as 12.00 na rotonda

polo cronista e luis o caruncho