19-1-2011

o lume e a plática


noite de lua case chea

nunha casa por debaixo
da reserva de huitepec
que están protexendo 
os ameazados neozapatistas

leña recollida do chan
un lume uns tacos e uns vasos
e platicas de ida e mais volta
entre os dous continentes
da vida e da morte
entre a lua e o sol

un compa chiapaneco
con morriña de galiza
un catalan que empeza
o seu proxecto chiapaneco
un galego pechando
o seu segundo ciclo mexica

manolo pipas

a pedro e carlos
cunha ilustracion lua
de estuardo alvarez