nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
la casa de las américas está en la habana
casa da cultura da resistencia das raices
dos exilios e nova casa dos fantasmas
casa das américas asi en plural
e non en singular como a outra américa
casa onde non estiven e que agora imaxino
misturando persoas que nen se coñeceron
na casa no seu salon de actos aínda por definir
pablo neruda da un recital de poemas
acompañado á guitarra por atahualpa yupanqui
e víctor jara moi atento absorve e absorve
e logo comporá unha música para un dos ultimos
poemas do vello autor do canto general
mentres silvio rodriguez que aínda é un rapaz
descobre todo un mundo de posibilidades
nas paredes pintan os muralistas orozco e siqueiros
e diego ribera que traballa sobre un borrador
da súa compañeira frida kalho
e daniel viglietti aloumiña a súa guitarra
e logo dará co mario benedetti outro recital
a dúas voces misturando poemas e cancións
oswaldo guayasamin ernesto sábato e nicolás guillén
abren logo un debate sobre a memoria destas terras
e chega julio cortázar moi contento cun inédito
do vello césar vallejo que atopóu escrito
na mesa dun café alá en parís á beira do sena
eduardo galeano sentado nas últimas fileiras
xa está recuperado do peche polo poder
da última publicación das raices e da resistencia
e vai matinando nun novo proxecto máis austero
e máis mimético pero co mesma carga de utopía
e violeta parra no fondo da sala
convirte as súas décimas e cancións
nos seus tamén telúricos bordados
mentres unha nena chamada malinche
xoga con rañolas o durito e mafalda
na imaxe eduardo galeano na casa
das américas co poeta cubano
roberto fernańdez retamar
texto de hai uns anos
xogando un pouco con algúns
artistas que non se atoparon
manolo pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)