05-7-2021

asemblea e memoria

 

 

asemblea de hai dúas semanas
que eu sentin moito perderme
e recoñezo algunhas caras
de fronte e algún corpo de lado   
e tamén algunhas cachuchas
e outros corpos de espalda
na rúa detrás do museo marco
que antes fora xulgado e penal
que non foi tirado polos darriba
porque o defenderon coa palabra
os últimos presos antifranquistas

e recoñezo algúns micrófonos
e cámaras e algunhas mochilas
dúas calvas e moitas melenas...
e un bastón para camiñar todas
ao paso do compa máis lento

foto juana machetes
publicada en pozol.org
texto manolo pipas