07-10-2014

de educación pública

 


pública a educación

que debe formar persoas

que non esquezan a historia

e que aprendan sen temor

 

público o noso ensino

van os números coas letras

os humanos van coa terra

que non hai outro camiño

 

público o noso ensino

as músicas cos debuxos

aprender de todo o mundo

e tamén dos pequeniños

 

o público é o primeiro

as linguas e as culturas

son mestizas non son puras

todos somos extranxeiros

 

público o noso ensino

pero o público avanza

con perigosas compañas

porque nós o consentimos

 

público máis xa non noso

están reescribindo a historia

música e debuxo fóra

que son materias dos roxos

 

pública a educación

que debe formar persoas

e non mentes servidoras

da moral da relixión

 

pública a educación

educación estatal

estado confesional

e que viva a relixión!

 

 

imaxe de onte

nun colexio de coia

 

o cronista