16-1-2013

pedindo na rua




un home sen recursos
está pedindo na miña rua
botolle unha moeda e pidolle
permiso para facer unha foto
e acepta se non sae a sua cara
e ensinolle as duas que fixen

digolle que vou publicar unha
acompañando a miña cronika
e falamos un bo rato da crise
e de cando viviamos moi ben
el chegou da fría meseta
vai a un comedor popular
e á noite dorme nun albergue
pero está de paso na cidade

español “sin” recursos
pode parecer un texto racista
polos seus rasgos el podia ser
de calqueira outro pais europeo
e xa o confundiron cos rumanos
e hai moitos deste pais pedindo
que unha forgoneta vai deixando
nesta e noutras ruas do barrio
e alguns son persoas lisiadas
que se cadra trouxo algunha mafia
do seu pais para que pidan na rua
e explotalos como pasa noutras cidades

outr@s van por livre
pero esas son outras historias

 o cronista