nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
ritsona grecia europa
mágoa carraxe vergoña
leo na pantalla coa primeira
imaxe da refuxiada charla
de vari@s compas que foron
uns que repetiron en decembro
e outras que van voltar
os solidarios do primeiro mundo
nós temos grandísimas ideas
pera veces non as compartimos
coas persoas as que queremos axudar
a frustación da horta
sementóu as máquinas de coser
que se perderon durante meses
pero que por sorte apareceron
pérdese moita axuda aos refuxiados
a roupa das refuxiadas
únenos á súa perdida terra
e cando se descose ou rompe
prefiren remendala que coller
a roupa que nós lles mandamos
a cantos de nós non nos costa
moito desfacernos de algunha
da nosa vella e rota querida roupa !?
o cronista
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)