nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
seica mañán é un dos días
máis importantes da democracia
o día máis grande da partidocracia
pero hoxe é un día con menos dereitos
ca onte e con menos que mañán
se falamos un pouco de máis
se digo algunhas verdades
pode cairme unha multa
mes de maio vinteoito
xornada de v(b)otacións
hox dia antes a reflexión
votocracia menudo conto
predicadores charlatáns
insultos e mentiras
poucos perden a partida
seguirán facendo mal
votacións eleccións
programas lemas actos
cortellos e deputacións
e contranatura os pactos
para non perder o timón
con caciques e neo-caciques
máis cedo ou máis tarde
con eles o barco vai a pique
versos recitados no evento dos ninguéns
con outros de reflexións de anos atrás
manolo pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)