14-3-2013

a prision o libro a memoria




o penal a prisión

é un lugar miserable
pero miserables tamen son alguns
libros e as suas presentacions

onte estiven dentro do penal de etla
visitando ao compañeiro pablo
indixena zapoteco defensor do bosque
contra quen os talan que están en liberdade
pablo ten memoria e non esquece
leva maís de dous anos preso
e agarda a solución do seus caso
e sair e voltar a sua comunidade
e a defensa do seu bosque

o libro da presentación chamase
para que no se olvide,  mujeres
en el movimiento popular oaxaca 2006
de maría de los ángeles romero
frizzi e margarita dalton
e neste traballo editado pola secretaría
de cultura e artes do novo represor
gobernador do estado de oaxaca
gabino o continuador do asasino ulises
e sinto que non hai moita memoria
nestas autoras das que gostaría saber
que fixeron elas nese ano 2006

onte estiven duas horas e media
dentro da prisión e sentinme
máis cómodo dentro dela
que na presentacion do libro
do dia anterior

manolo pipas