09-7-2011

de trens e comboios


si queridas lectoras e lectores

teño querencia polos trens
polo seu movemento e son
polas xanelas polos asentos
aos que antes dábamos volta
polos pasillos polos vagons
polas vias polas estacions
pola travesia

si coñecidos amigos ollos
a cantos de vos coñecin nun tren
e cantos libros teño lido na ruta
cantos poemas neles teño feito

o tren á beira das rias
que tantas veces me ten levado
o tren á beira do miño
e logo pola meseta cara o centro
e polo norte cara o mediterraneo

ese comboio cara o sur
parece que ainda non van cortar
e que tan poucas veces teño collido

e eses tren de via estreita
con tan longo e ancho sentir

o cronista

na imaxe a estacion de oaxaca
cando ia por primeira vez para esta terra
soñaba con ir nos miticos trens mexicanos
pero estes foran vilmente parados