Desacougados quedan teus cravos vermellos na cinza diluída na auga escura do meu floreiro. Pasa o tempo coma o trafego sanguíneode arterias aforcadas en tolemias graxentasdesasistidos miserábeis en crucifixións verdesnos dominios de grandes corazóns enfermos,respiracións entrecortadas i exaltadascando os teus ollos húmidos perden soño en destellose asoman asedios de pipas erectassobre das insinuacións marelas nas tebrasde patrias supostas no teu corpo verdescenteporque te venden, porque perdes monteporque te quero verde mancomunadaporque te busco saudábel entre brétemas sinistrase non sei se acaso te atopo nun punto cativoperdido no medio da Ría que agardaa que moitos en recuperalo perdan a vida;mais eu sempre te desfruto enfermae gusto de verte universal redivivano meu exceso volcánico de exaculación ideolóxicaporque te quero fodida antes que morta de medoporque te rego de esperma curado de arrepíoporque cómpre saca-lo terror das tombasnas que copulamos envelenados co tempo;porque te alugan en nichos comunitariosporque a cota láctea non te enche o ventreporque te tiran en fosas miña amada rubia galega.Pero medrarán na polución dos cadavres as serpescoma a semente, miña amada, coma a semente.O povo é quem mais ordena, no mar e na terrae tamén no pube da matria nos cemiterios.E ti, Xuntacadavres, nada sabes destes místeresmais as tebras chamarán por ti encantadorascando encendamo-la utopía no ultraista burato negroonde amamos ao demo de pirola rabela e cornos alleos.Os tempos son chegados, querida,pro meu deleite no teu ventre de inferno.alfonso láuzarapoeta do colectivo a porta
verde do sétimo andar