nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
os chamados conquistadores
os da espada e os da cruz
nese país que chaman méxico
e en todo o continente
cometeron crime tras crime
desde violacións a masacres
e tamen o secado das lagoas
que rodeaban tenochtitlan
e o derribo dos templos
que coas suas pedras e glifos
os invasores levantaban os seus
e dos crimes pasaron ao xenocidio
coa toma da capital mexica
hai cincocentos anos caiu un imperio
que tamén muitos crimes cometera
e a chamada conquista e o saqueo
segue hoxe coas enerxéticas
e outras noxentas transnacionais
que destas terras foron para alí
e aca viñeron as zapatistas mayas
para escoitar das nosas vidas
e en dous anos xa se cumpren
os cinco seculos da toma de cuzco
e de varios pobos andinos
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)