02-10-2017

fillas e netos de l'estaca

 


minyas compas da estelada
companyeiros catalans
dos pirineus até o mar
baixan libertarias augas
un de outubro coa palabra
votar baixo a represión
foi botar con máis razón 
tumbaremos máis estacas

de girona até fisterra
entre gernika e tarifa
liberdade non se rifa
non queremos mais miserias
capital monarquia guerras
tumbando estacas e muros
construimos o futuro
das de abaixo son as terras

minyas compas da senyera
meus compais dos castellers
vos ponyedes moita fe
bo traballo e sementeira
un de outubro coa palabra
votar baixo a represión

foi botar con máis razón 
tumbaremos máis estacas


mencer 2 de outubro
manolo pipas