05-10-2011

dos recortes




escoito moito falar

dos recortes presupostarios
os sindicalistas os periodistas
e sobre todo eses cargos publicos
que son unha nefasta carga para o pais

a educacion non é un gasto
é unha inversion
a sanidade non é un gasto
é unha necesidade

o exercito non é un gasto
é un inhumano despilfarro

o tren de cercanias unha necesidade
o ave e as autovias unha atrocidade

a cultura é parte do que nos da sentido
a monarquia é un atroz sen-sentido

o medio ambiente non é un gasto
o planeta terra-mar é o pasado
o presente e o futuro