nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
o home sensato
tinya un papel na cabeza
un lápiz un zapato
na cabeza unha nube
un sol un garabato ...
seica el tinya a alma nos pes
entre monecos o animador
coa alma nos pes caminyaba
paseninyo de vagar poc a poc
o malabarista
o home sensato
pascu regaloume un día
un nariz de paiaso
e ensinóume unhas postais
para que escollese unha
e pascu sabía tamén
que eu caminyo
que todas nós caminyamos
máis coa nosa alma que cos pes
respira pintóu pascu
a un home cos pulmóns
dos dous continentes do sur
e eu respiro e respiro
co seu debuxo na minya camisola
a exposicion e o catalogo
da sua obra foise facendo poc a poc
entre valencia vigo vila-real...
os apuntes os bocetos os cadernos
as postais os monecos as peliculas
os traballos persoais as colaboracions
os traballos colectivos as plastilinas
animadas que se cadra somos nos
a obra do noso compa sensato pascu
sensato pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)