04-3-2017

entre minerais augas ventos...

 

 


o carbón australiano
é amigo dos canguros e koalas
e o petróleo de nixeria
quérelle moito aos cocodrilos

as minas e covas siberianas
acaban nas encrobas e en eirós
e os ríos da fría e xeada tundra
verten nos manglares de chacagua

e que berra o vento que queren
domar os muiños das transnacionais
nos castreños montes da galiza
nas zapotecas chairas de oaxaca?

das ons ás miles de illas filipinas 

do tormes e as debesas de salamanca
aos andes e quebradas de colombia
e ás sabanas e costas de sudáfrica
berta cáceres somos todas


o cronista