01-5-2015

1 de maio memoria da bouza

 

 

Conta Marisa,

unha habitante da Coia tradicional,

que cando ela era cativa corría

todos os 1 de maio ao pequeno bosque,

situado onde agora está o parque de A Bouza.

Bulía na procura da bandeira vermella

que nesas datas sempre aparecía

no alto dun daqueles piñeiros.

Ninguén sabía quen a puña

pero si as emocións que ollala alí arriba

lle provocába a ela e a máis persoas.

Dignidade, ledicia, folgos...

eran sentimentos que viñan tras ollar

un anaco de tea que simbolizaba

a resistencia da xente

naqueles anos de ditadura.

 

Diego Lores

 

imaxe dos piñeiros da bouza

hoxe sen bandeira