nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
na digna rabia de iztapalapa e chiapas
do 2008-09 lembro que platiquei
con matula de grecia
con braulio de euskalerria coincidin
varias semanas na comision civil
polos dereitos humanos en oaxaca 07
con lola de valencia compartimos
un pequeno tempo na casota
de oaxaca do 09
as rastas de claudia de tantas partes
quedaron naquel 06 logo de atenco
a min so me tocaran os sete dias
da caravana en oaxaca e a ela a cito
nese libro das nubes i de la otra
que lle pasei agardando o veleiro
con tazio de lugano foron varios
encontros e andanzas entre oaxaca
chiapas i o anahuac
teresa abriranos todas as portas
da garriga naquel encontro do 06
logo de que golpearan atenco
a leonor juan e sheila de oaxaca
exiliadas en lugo non os via
desde antes do covid e devianme
unhas poucas visitas
reencontreime con francesc angel julie arturo…
e a maioria destas compas non as voltara a ver
e van as citas desordeando anos e espacios
máis ou menos como se sucederon os reencontros
a vanessa de la otra non a recoñecin
logo dunha semana de caravana
que compartimos hai 15 anos
seguro que me cortaste en alguna foto
e si que a cortei un pouco sen querer
na mesma foto na que sae claudia
o das pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)