verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
avoa da avoa das nosas avoas
a túa longa memoria atoparon
din que de uns dous mil anos
pola lanzada perdo da praia
e puxeronche cornelia de nome
polo día no que apareceche
nome de orixe romana
esas cousas dos arqueologos
que posible nome latino
ou mesmo castreño terías?
mariña brenda támara elba...
cornelia de cornos pois
que pouco tacto verdade
pero se cadra tiñades animáis
e pudeche ser unha boa pastora
avoa da avoa das nosas avoa
descansabas ti con dous cativos
nas estrañas terras da lanzada
e foron molestar os vosos longos sonos
@s arqueólog@s facendovos preguntas
que mui poucas ides contestar
manolo pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)