28-12-2012

delirios berlin porto samil




foi perto da miña rua

outra vez no bar hipólito
o piano baixou da cociña
para á entrada do lokal
a batería xunto á barra
sobre unha  alfombra
máxica de redondela
o contrabaixo xustiño
baixo o reloxio de parede
saxo e traveseira voaron
desde a rua de moreira...
o cuarteto e todos nós
coa lua atravesados
no barrio das travesas


o ceo de berlín
non ten moito azul
e tampouco ten ría
que soños que delirios
tiveche pra deixar o sur
coas tuas baquetas lucía

as flores de jacarandá
e un vinho de porto
nos ceos de berlín
vagalumes de papel
os delirios e os soños
nas ondas de samil

lariño

soños e delirios lucía
martinez pedro neves
joâo pedro brandâo
carl minnemann