19-12-2019

tameiga terra viva

 


comuneir@s de tameiga
aos vosos queridos montes
ameaza unha traxedia
as tribos orixinarias
sofren outra vez aos celtas

tameiga monte auga e ar
queremos que sigan vivos
non ao centro comercial
este monte non se vende
e non se quere alugar

os celtistas co seu circo
que vos deixen respirar
caballero e máis mouriño
que se den eles patadas
no prado de balaídos

tameiga monte auga e ar
queremos que sigan vivos
non ao centro comercial
este monte non se vende
e non se quere alugar

manolo pipas