19-12-2017

outra ameaza pra coia

 


praza dos volcáns coia
final de av castelao fronte
ao colexio celso emilio
que dous nomes pura ética

seica a praza quere ser
intervida remodelada…
pasar o cazo pois
tirando 400.000 euros
e con 2000-5000 abondaba
para arranxar as baldosas
ese petril que está roto

e tapar alguns buracos
poñer algunhas baratas
árbores e plantas autóctonas

e respetar os volcáns
que nós os veciños de coia
temos moitas máis urxencias
por iso protestóu hoxe a ods-coia
cun teatriño e corte de tránsito

a memoria da árbore da foto
está moito menos podrida
que o goberno municipal
e hai mais vida neste rincón

dos xardíns de castelao
fungos ervas escarabellos
miriápodos arácnidos gusanos…
que no despacho do alcaldísimo

o cronistadecoia