23-1-2013

apuntes deste violento mundo




na noite deste mércores

escribo sobre o violento mundo
pero so unhas notas uns apuntes
que non vos quero lembrar demais
como tantas veces neste espacio
este mal tempo que herdamos
e o peor mundo que podemos deixar

francia de mision militar en mali
no sahara nunha das suas excolonias
con accions antiterroristas e limitadas
seica contra o radicalismo islamico
e españa dando o seu apoio loxistico
complice de todos eses asasinatos

contra a inseguridade e o crime
o exercito patrulla estes semanas
as ruas de ecatepec das miñas compas
nas aforas de cidade de mexico
o exercito que se creou supostamente
para a defensa ante o ataque doutro estado

e nas miñas ruas nas que escribo
desde este chamado primeiro mundo
cantas persoas pedindo esmola e cantas
buscando comida dentro dos contenedores

e segue o xuizo-farsa prestige-chapapote
que paren dunha vez e que paguen os culpables
ou é que van culpabilizar aos voluntarios !?

o cronista