03-2-2012

memorias dun neno labrego




Era Balbino un rapaz da aldea, un neno

un ninguén entre chuvias e friaxes,
un ninguén con fame e con remendos
aturando mancaduras no coiro e no carrelo,
tripando lama, sorralleiras, croios,
tripando esterco.

Era Balbino, fillo de caseiros,
que soñou andar no mundo
que o soñou desperto
anque se vía coutado por ser pobre
polo seu vivir cativo, estreito
e tiña de si mágoa, e tamén algún medo
e tiña de si mágoa, e tamén algún medo.

Era Balbino o que cría nas estrelas en asexo
preguntando onde morren os paxaros
e onde acaban camiños e carreiros,
quería saber do Capitán smith
e das  "Memorias" o aventureiro
que foi a guerra e escribiu un libro
contando aquelo.

ERA BALBINO LIXO, FRANGULLA, SEIXO
amigo dos amigos, enfrentando SEÑORITOS
LAVERCOS.
Amigo da paz sen odios Nin fachenda
ANQUE DISPOSTO A NON CEDER TERREO
para conseguir un algo de xustiza
de ferro contra ferro. DE FERRO CONTRA FERRO.

Era Balbino
e escribiu a sua andaina nun caderno
e logo foi quedando acougado, sereo
como se alí deixase, encolgados no tempo,
anacos da sua aldea, do seu vivir labrego

xosé neira vilas

as memorias do balbino neira vilas
o neno cumpre cincoenta anos
e esta adaptacion en verso foi grabada
por a quenlla con musica de mero
e do libro tamen naceu un monologo
de candido pazó no auditorio do teatro
garcia barbón onte hoxe e mañán