15-5-2014

o té verde e a palabra




os nosos tres vasos de auga
imaxino que son tazas de té verde tazas
nunha mesa nunha pobre casa
imaxino que estamos nunhas rúas
estreitas ou nunha vella praza

e platicamos e platicamos e a palabra
debe marcar a vida
de grandes e rapazas
así queremos que sexa palestina
cisjordania e gaza

polo recital de nakba
con moncho e servando en andel

onde recitamos poemas de alá e acá
e cantamos á palestina e a penélope
e a outras terras e mulleres e homes
imaxe xaime nogueira

manolo pipas