verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
escribo
en folla impar
as tres cuartas partes
xustas
de min mesmo
a man acenando o universo
a viaxe impar de virme paradentro
escribo tolo
un xesto apenas de ousadía
do que calo
inspiro
e dialógome
o meu mundo sempre será varios
paco souto
quedamos cos teus versos
coa túa voz co traballo colectivo ...
e marchache cos caldeiróns
agora o mar é todo teu
non deixes de escribir
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)