contan que na entrega
do pazo de meirás ao dictador
alá polos primeiros anos corenta
pazo mercado por suscripcion popular
pero por familias obrigadas a poñer os cartos
contan que nesta enesima entrega
dun espacio publico ou privado ao dictador
darredor do pazo habia moitas bandeiras
para crear o ambiente necesario
e logo do acto na mesma noite
desapareceron misteriosamente case todas
uns poucos dias despois nas casas dos arredores
empezaron a aparecer nos tendais das veciñas
bragas bermellas e marelas e das duas cores
que neses tempos de escasez non se podian
rexeitar unhas teas abandoadas
. . . . . .
levaba eu uns dias fora do país
e atopeino cheo de bandeiras bermellas e marelas
bandeiras de todos os tamaños posibles
nos balcons nos escaparates e nos mostradores
nos carros e no lombo da xente como capa
bandeiriñas na man dos nenos e pintadas na cara
e moitos ian con camisola bermella mais non marela
e ate as rapazas da panaderia e as camareiras do bar
ian coa camisola bermella como uniformadas
e eu frotaba os meus ollos e non entendia nada
unhas bandeiras eran co escudo postfranquista
outras co masacrado touro da festa irracional
e algunhas co escudo do dictador
e non atopei nengunha bandeiriña republicana
e eu seguia sen entender nada
oin varias veces que por iniciativa popular
pero alguen me dixo que pola dictadura dos medios ...
mentres que case na clandestinidade
se están a retirar moitos simbolos franquistas
como estes dias a cruz dos caidos no ferrol
as bandeiras do circo para o pobo
neste tempo de crise economica
e ainda mais crise social etica
crise de memoria...
a bandeira e as bragas
tempo ao tempo
o cronista a 11 de xullo