16-4-2019

do corazon de europa


a agulla de notre-dame
cravóuse no corazón de europa!
escoitamos lemos nos medios!
europa ten corazón !?
esa europa que naceu no mediterraneo
tamén cómplice hoxe de enchelo de morte!

e no lume de notre-dame non morréu ninguén!


notre-dame símbolo de que ?
da cruz-espada do imperio da inxustiza...
notre-dame como os outros macrotemplos
erguéronse con moita miseria e fame
e con máis fanatismo que fe
e deixarán morrer a máis franceses
para pagar a súa reconstrucción


o que está cravado no insensible

corazón de europa é a inxustiza

a inmigración o neo-fascismo...

incrédulas baixan as augas do sena!

coitados quasimodos e esmeraldas!

e que novela escribiría

hoxe victor hugo!?

o cronista