29-12-2012
o paxuriño e a memoria

nunha barriada nova de lavadores onte as sete e media da tardeo paxuriño rodeado de libros ponse a falar a contar historias el aínda é un papaz de aldeaque coma tantos de nos ía e vai das parroquias a vigo para mirar cangas e o paxuriño ten a mirada ben profunda pero agora ven de compostela a vigo a mirar e a compartir a memoria na infancia para nós case todo era grande moitas cousas estrañas e algunhas maxicas e conta que aquelas mulleres de negro que perto do mencer baixaban de chan de brito e baixaban do freixo e cruzaban s andrés para ir ao vello mercado de bouzas para el eran coma da santa compaña...antes e despois da contada falamos dous ratos daqueles anos do negra sombra do reloxio da caixa de aforros e da memoria de comesaña de coia e de matamán dos poetas e das palabras esquecidas e secretas foi en lavadores na biblioteca xosé neira vilas aquel rapaz de aldea...as dez en frío e vento da noite xa en vigo pasei polo paseo cheo de luces e cando o negra sombra no gran reloxio sonabapesoume a memoria e o presente e senteime
no escuro paseo a escoitar a melodía
e ollar aos camiñantes e cantar a letra
baixiño sen molestar a ninguén seguiremos indo a vigo para mirar cangas e seguiremos parandonos coa negra sombra si paxuriño avelinoo corazón a saudade manolo pipas