nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
somos europeos atlánticos
palabras da grecia clásica
e tamén mediterráneas somos
fillas de muitas culturas comúns
fillas desta terra-auga da lúa e do sol
de zeus de atenea e de tantas deidades
fillos de tantas guerras e imperios
fillos de alexandre o grande de macedonia
todos somos grandes cunha arma na man
e para qué e porqué tantas armas!?
o macedonio-grego río suva reka únenos
os gobernos o capital as fábricas de armas
os exércitos ... e os policías sepárannos
campo é unha palabra que inspira vida
campo de refuxiados máis ben o contrario
e á beira da chiquita aldea grega de idoméni
o enésimo campo de refuxiadas
na fronteira con macedonia
outro nome máis na historia
das miserias humanas
e nós complices
concentracións hoxe as 8
en vilas e cidades do país
o cronista
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)