25-7-2015

nós e a matria

 

 

a maioría de nós

se cadra tataranetos

da xeración nós aquela

e a matria pois

imos ainda máis golpeados

que o ano pasado

 

algúns estaremos en compostela

para facer piña e pouco máis

da alameda á quintana vella

camiñando xuntos e falando

discutindo e tomandolle algo

 

a matria no seu día

olla aos pequenos unidos

castelao e rosalía

pensan no tempo perdido

 

todas xuntas na alameda

polas rúas polas prazas

escoita o lamento das pedras!

e a esperanza da quintana!

 

o cronista