25-2-2016

rosalia e micros abertos

 

 

abre esa fiesta

que quero ver o mar


rosalía de castro en padrón

 

 

onte día de rosalía

a asociacion de escritoras

en lingua galega abríu

un micro e un pequeno tempo

aos poemas da nosa matriarca


hoxe no café de catro a catro

a moza asociación trabalingua

abriú un micro á poesía ao conto

ás culturas á música a danza...

 

e hai uns días houbo no mesmo

espacio un micro abierto onde

o galego resistíu en minoría

pero onde o castelán sonaba

moitas veces con acento galego

 

eu tiven a sorte de participar

nos tres eventos con poemas

de rosalía rosalianos rotondianos

americanistas pacifistas...

e improvisacións na defensa

da nosa golpeada lingua

e do estragado mar

 

manolo pipas