08-1-2018

os outros 8 apelidos catalans

 


os outros oito apelidos cataláns
chamase unha pelicula ou mais ben
un culebrón por escribir e rodar

os oito apelidos cataláns
pereceu escrito e dirixido
desde madrid saragosa sevilla…
os outros oito apelidos catatáns
é unha proposta desde galiza
que lle mando aos bos e xenerosas
catalanistas de abaixo-a-esquerda
e se hai algún apelido de sospeitosa
orixe son cousas da mestizaxe
agora chamada globalización 

na cronika anterior
foi o episodio dos republicanos magos
e agora falo dun posible capitulo
proposto logo dunha conversa
con compas chegadxs d’noia e llobregat

oito independentistas de catalunya
foron elexidxs deputados aínda
estando presos ou desterradas
acusados duns supostos delitos
segundo unhas leis post-franquistas

forn ponsatí puig serret sánchez
comin junqueras e puigdemont

son os outros oito apelidos cataláns


entón entendo que miles e miles
de persoas que votaron por eles
declaráronos inocentes inoceeentes
e esas persoas son de catalunya
mentres as leis e os represores
son de madrid capital do reino


posdata
e o sentenciado cuñadísimo do rei
o urdangarín cando entra en prisión!?

unha abraçada