entre areas e augas

20-11-2011

camiñando a praia




onte á noite voltamos ao mar

camiñamos a area e as rochas
para un lado e logo para outro
pero non entramos nas augas

onte á noite á praia voltamos
cada un cos seus fantasmas
e os dous con fantasmas comuns
camiñamos as rochas e a area
pero non entramos nas augas
facianos falta pero non puidemos

onte á noite voltamos á beira da ria
salgado espacio que sempre está aí
e onte case todo para nós

camiñamos a area e as rochas
despexamos un pouco a cabeza
e non manchamos os pes

lariño


07-6-2011

estreito




o chamado estreito de rande
por onde vou no castromil
se fose algo menos estreito
cecais non teriamos ponte

a peninsula do morrazo
estaría máis tranquila
e a ria agradeceriao


01-2-2010

caracolas para ana

que sexa longa a travesía
entrar no solpor e na noite
pintar de violetas cabo home
e todos os faros da ria

vai a dorna pedindo esmola
e consegues cumprir con ela
outono vaise a compostela
con tres insubmisas gaivotas

por fin regresou beta estrela
inzando todo de respostas
e seguen moldeando as rochas
os teus soños e as namoreiras

facer pancartas no mencer
cos ultimos raios da lua
subilas ate pena escura
e xa pode o mundo chover

tanto e tanto por descobrir
compartir o porque das ondas
a baleas golfiños e caracolas
ler os versos do vis a vis

......

elexia para ana lopez escrita
no barco de cangas en octubre do 08
compañeira dos anos da insubmision
e daqueles tempos doutros recheos
sobre as nosas rias e sobre a nosa lingua
gracias compas pola galiza non se vende
e por ese fermoso concerto na ria
que me perdin estes dias

unha aperta desde a terra dxs mexicas

lariño

en texcoco 1-2-10

Distribuir contido